BOOKING
& MANAGEMENT.
Acompañamos proxectos musicais seleccionados desde a contratación e a estratexia de directo ata o seu desenvolvemento a longo prazo.
PRETO DO
PROXECTO.
A LONGO PRAZO.
O management de Marea parte dun acompañamento persoal e directo. Traballamos xunto ao artista para ordenar prioridades, tomar decisións e desenvolver o proxecto cunha visión a medio e longo prazo.
Non se trata só de xestionar oportunidades: trátase de estar preto, coñecer o momento do proxecto e axudar a decidir o seguinte paso.
Definimos prioridades e obxectivos a partir do momento real do proxecto.
Ordenamos calendario, lanzamentos, directo e oportunidades.
Seguimos o proxecto de preto e acompañamos as decisións importantes.
Xestionamos propostas, dispoñibilidade, condicións e coordinación con promotores.
Axudamos a planificar percorridos e oportunidades de directo cunha visión global.
Buscamos e desenvolvemos oportunidades que encaixen co artista e co seu momento.
MÁIS QUE
UNHA AXENDA.
O booking forma parte da estratexia de cada proxecto. Traballamos as oportunidades de directo con criterio, coidando tanto o encaixe artístico como as condicións de cada proposta.
Salas, festivais, institucións e outros programadores poden poñerse en contacto con Marea para valorar unha contratación ou unha colaboración.
NON BUSCAMOS
VOLUMEN.
BUSCAMOS
ENCAIXE.
O noso roster actual é deliberadamente reducido. Preferimos concentrar tempo e atención en proxectos que teñan sentido para ambas partes.
Falar sobre un proxecto