EVENTOS
QUE
FUNCIONAN.
Deseñamos e coordinamos concertos, festivais e proxectos musicais para institucións, empresas, promotores e outras entidades.
UNHA ESTRUTURA
PARA CADA
PROXECTO.
Non todos os eventos precisan a mesma produción. Partimos do obxectivo, do formato e dos recursos dispoñibles para definir que fai falta, quen intervén e como coordinalo.
Marea pode entrar en distintas fases do proxecto, desde a conceptualización e a programación artística ata a coordinación xeral e a execución.
Definición do concepto, formato, público e obxectivos do evento.
Selección e proposta de artistas en función do proxecto e do seu público.
Xestión da contratación, datas, condicións e coordinación con artistas e managers.
Planificación do evento e coordinación das distintas áreas necesarias.
Coordinación de profesionais e empresas especializadas segundo as necesidades do proxecto.
Seguimento e coordinación das necesidades técnicas do evento xunto cos equipos correspondentes.
Coordinación da venda de entradas e da información necesaria para o público.
Coordinación dos elementos de comunicación e promoción vinculados ao proxecto.
CLARIDADE
ANTES DE
PRODUCIR.
Unha boa produción comeza moito antes da montaxe. Ordenamos necesidades, responsabilidades e tempos para que o proxecto avance cunha visión común.
Escoitamos
Que queres conseguir, para quen é o evento, onde sucede e con que recursos contamos.
Propoñemos
Un formato e unha folla de ruta realistas, adaptados ao alcance do proxecto.
Coordinamos
Artistas, provedores, colaboradores e necesidades operativas nun mesmo proxecto.
Acompañamos
Seguimos o proceso ata a realización do evento, resolvendo o que vaia aparecendo polo camiño.
CONCELLOS.
EMPRESAS.
PROMOTORES.
FESTIVAIS.
Cada interlocutor parte dunhas necesidades distintas. Adaptamos a estrutura de produción ao tipo de evento, ao espazo, ao orzamento e ao público.
¿TES UN
EVENTO EN
MENTE?
Cóntanos que queres facer, onde e para quen. Valoramos o proxecto e propoñemos a forma de traballalo.
Falemos →