Marea Music / Galicia

MAREA MUSIC.

Unha estrutura independente para producir, promover e desenvolver proxectos musicais.

Quen somos

MÚSICA.
EVENTOS.
PROXECTOS.

Marea Music traballa desde Galicia arredor da música en directo. Producimos eventos, colaboramos en programación e promoción, xestionamos booking e desenvolvemos proxectos artísticos seleccionados.

Non queremos ser unha estrutura enorme. Queremos ser un equipo pequeno, directo e útil para o proxecto que temos diante: entender o que fai falta, atopar as persoas axeitadas e acompañar o proceso ata que aconteza.

Que facemos
Produción de eventos

Concertos, festivais e eventos musicais para institucións, empresas, promotores e outras entidades.

Programación artística

Propostas musicais adaptadas ao formato, público, espazo e obxectivos do proxecto.

Booking

Contratación e xestión de actuacións para os artistas que representamos.

Management

Acompañamento e desenvolvemento de proxectos musicais seleccionados.

Desde Galicia

AQUÍ
COMEZA
MAREA.

Marea Music nace en Betanzos e traballa en toda Galicia. O noso punto de partida está aquí, pero o traballo non se limita a un único lugar: desenvolvemos proxectos musicais adaptados á súa escala e necesidades.

Galicia / España